IV CARREIRA POPULAR DE AMORÍN “Carreira pola Integración” ” Gotas para Nixer”
TODA INFORMACIÓN EN: www.damorin.es
No día das Letras Galegas organizado polo Concello de Tomiño, a Asociación Veciños de Amorín, participo una lectura de varios textos.
Os participantes foron: Uxía, Iria, Lara, Alba, Arón, Mirian e Ángela, todo eles veciños da parroquia de Amorín, os cales leron textos do antigo xornal Galicia.
Este xornal, foi dirixido polo, este ano homenaxeado, Valentín Paz Andrade.
Os artigos foron recopilados e todos eles teñen relación con Tomiño e os sucesos que aquí acontecían alá polo ano 1925.
Preme AQUÍ para ver as fotos.
Pódese ver a información en www.damorin.es
I CONCURSO DE ESCRITOS EN GALEGO .TABORDA- 2012
Co gallo do día das letras galegas a Asociación veciñal San Miguel de Taborda organiza o I concurso de escritos en Galego.
BASES DO CONCURSO:
-As obras dividiranse por idades, en 3 categorías:
A.-Ata 8 anos
B.- De 9 a 16 anos
C.- A partir de 17 anos
-As obras recolleranse ata o día 17 de maio e entregaranse a un membro da directiva (tlf. de contacto 634 948 497).
-O xurado estará composto por un membro da Asociación, un membro da Federación Terra Miño, un membro da Asociacion Cultural Cacharela, tres veciños da parroquia de Taborda e os patrocinadores do concurso (por confirmar).
-A entrega de premios terá lugar o Domingo, 20 de maio, a salida da misa no Terreiro da festa.
TALLER DE CENTROS FLORAIS 2012
Para maio están preparados os talleres de centros florais, organizados pola Asociación Veciñal San Miguel de Taborda.
Os días previstos son: o 13 e o 27 de 11:00 a 13:00 (por confirmar)
Se queres participar apúntate no teléfono 634 948 497 ou ponte en contacto con algún membro da directiva da asociación.
O prezo de inscrición*, que inclúe material, será de 5 € para asociados e 10 € para non asociados.
*Para menores de 16 anos manterase o prezo de asociado se algún dos seus pais ou avós son asociados.
♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣
Nesta cuarta clase de cociña, organizada por a Asociación Veciños de Amorín, eleboráronse os seguintes platos:
Vanse celebrar na Casa dos Mestres de Amorín, os cursos personalizados seguintes:
Sábado 5 de maio: “Taller de Nais e Fillas” de 10.30 h a 19.30. O custo deste curso é de 12 euros
Sábado 12 de maio: “Taller de novias e invitados” ( protocolo, imaxe persoal, maquillaxe e perruqueria, etc.) Este curso é de balde.
Sábado 26 de maio: “Taller de imaxe persoal”. O custo do curso é de 12 euros.
As persoas que desexen participar, poden facer a súa inscrición no teléfono 688632861, na páxina web da AVA damorin.es ou no enderezo electrónico avdamorin@gmail.com
Nesta terceira clase de cociña, organizada por a Asociación Veciños de Amorín, eleboráronse os seguintes platos:
Remataron en Pinzás, dous cursos de informática, organizados por a Asociación de Veciños de Pinzás, en colaboración co Concello de Tomiño. Estes cursos, impartíronse no local da Asociación de Veciños de Pinzás.
O primeiro, de Iniciación á Informática, comezou o 27 de febreiro e rematou o 8 de marzo, Contou coa participación de 9 persoas. O segundo, de Iniciación a Internet, comezou o 16 de abril e rematou o 20 de abril. Contou coa participación de 9 persoas,.
A Asociación de Veciños de Pinzás, agradece a colaboración do Concello nesta iniciativa, que fixo chegar o uso de novas tecnoloxías, a persoas de todas as idades.
O sábado 21 de abril, inaugurouse o V Encontro Cultural, na Casa da Cultura de Tomiño.
Participan todas as Asociacións que pertencen á Federación Terra Miño: Taborda, Sobrada, Currás, Amorín, Carregal, Vilachán e Pinzás.
Na presentación estivo a Alcaldesa Sandra González , os seus concelleiros de Cultura e Deportes, o Presidente da Federación e os representantes das Asociacións de Veciños. A alcaldesa falou do traballo que fan estas asociacións e animou a seguir con ese traballo.
Cada unha delas, participa na exposición paralela, no que se poden ver os traballos de encaixe de bolillos, ganchillo, bordado, cuadros, calceta, pintura e ferramentas antigas.
O sábado 21 , actuaron o Grupo de Gaitas de Pinzás, as Pandereteiras de Vilachán, e o Coro de Currás.
O Grupo de Gaitas de Pinzás, estreou unha rumba, especialmente adicada a este V Encontro Cultural, chamada “Terra Miño”, según explicou, Xurxo, o seu director.
O domingo 22, por a mañan, a partires das 10 h os visitantes poderon ver as obras expostas e un audiovisual sobre a Aula Aberta do Furnia.
Por a tarde, actuou o mago Rei Midas, a partir das 5 da tarde. A continuación, unha actuación de canción española, a cargo da representación da Asociación de Veciños de Carregal; o grupo de Pandereteiras da Asociación de Veciños de Taborda e o grupo de gaitas que representaba a Asociación Veciños de Amorín.
Tanto o sábado coma o domingo, foron días de gran éxito de público.